CARRAL

Carral

9. CARRAL (24/05/2018)

 

Data Evento: 24/05/2018

 

Nº Asistentes: 49

 

 

Novena xornada de confraternización.

 

 

 

 

 

 

 

(Imaxe: Monumento ós Mártires de Carral)


 

Actividades realizadas

  • 10:30 h. Concentración na Praza Campo da Feira, a carón do Concello. ( ver Mapa )
  •  

  • 10:45 h. Recepción polo Alcalde (D. Jose Luis Fernández Mouriño) no Salón de Plenos do Concello de Carral. ( ver Mapa )

     

    O Sr. Alcalde fai entrega á Asociación OtiSopa dunha réplica espléndida do Monumento ós Mártires de 1846 de Carral, e en representación da Asociación Cultural Gastronómica OtiSopa, o Socio D. Francisco Moreira Montes deulle as nosas máis efusivas gracias, obsequiando do mesmo xeito ó Sr. Alcalde dun pequeno recordo co anagrama da nosa Asociación.

  •  

  • 11:15 h. Asamblea Xeral da Asociación no Auditorio da Casa da Cultura de Carral ( ver Mapa )

     

    (Os/as acompañantes visitaron a Sala de Exposicións e o Museo do Castro das Travesas, na planta baixa)

  •  

  • 12:00 h. Proxección de " 7 anos de OtiSopa ".
  •  

  • 12:30 h. Visita á fábrica do Grupo Da Cunha, formado por 3 grandes empresas, Panadería Da Cunha, Xelados San Martiño e Fariñas Das Mariñas, creadores da Cátedra do Pan e do Cereal e referencia do sector a nivel internacional.
  •  

  • 13:30 h. Visita á Estación de Tratamento de Augua Potable - ETAP de Cañás, a ETAP máis antiga de España en funcionamento, con máis de 110 anos. Na súa oríxe, serviu para levar o augua do río Barcés ata A Coruña, na actualidade, abastece de augua potable ós concellos de Carral e Cambre. ( ver Mapa )
  •  

  • 14:45 h. Xantar de confraternidade no Restaurante Las Tablas ( ver Mapa ), próximo á Cidade Deportiva do R.C. Deportivo.

     

    Na sobremesa do xantar, fíxose entrega dunha Placa Conmemorativa do Evento ó Socio de Maior Idade da Asociación OtiSopa, D. Jaime Álvarez Torreiro, obsequiando tamén á sua Dona cun fermoso ramo de frores.

     

    Ó rematar o xantar, fíxose entrega a todolos/as participantes dun pequeno agasallo como recordo do evento.

  •  

  • 18:00 h. Despedida de Socios, momento no cal deuse por Finalizado o Evento.

     

    ¡¡¡ Gracias a todolos/as asistentes e ós organizadores por esta fermosa xornada !!!

     

Fotos

Prensa

La Voz de Galicia Os ex de Otis - Pablo Portabales - Venres, 25 de Maio de 2018 ( ver Noticia )

Vídeos

Turismo de Carral - Camiño, parada e fonda

Pan de Carral